Os pasados días 25 e 26 de maio, a CIG-Autonómica realizou asembleas nos centros "Volta do Castro" e "Porta de Camiño" dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

Na Residencia "Volta do Castro" de Santiago de Compostela, a asemblea do 26 de maio rematou cunha concentración cacelorada contra a amortización de prazas e a privatización dos servicios públicos. Un dos lemas mais coreados polos traballadores foi "cociña privada, fame asegurada" e "o publico é servizo o privado beneficio". Despois de 1/2 hora de ruidosa protesta os empregados publicos da residencia da maiores, voltaron ao seu posto de traballo, expresando rotundamente a súa protesta polos intentos da conselleira Beatriz Mato de suprimir servizo públicos e privatizar departamentos como o de ordenanzas ou o de cociña dos centros da Xunta. A CIG vaia continuar coas asembleas e mobilizacións nos centros contra a privatización dos servizos polos, pola dignidade do persoal laboral. 

No Centro de Maiores "Porta do Camiño", tamén en Santiago de Compostela, o 25 de maio realizáronse protestas contra a amortización de prazas e a privatización dos servizos publicos na conselleria de Traballo e Benestar. O persoal laboral do centro "Porta do Camiño" contou tamén co apoio de varios residentes do centro, nalgúns casos de mais de 85 anos, que quixeron solidarizarse cos traballadores e mostrar a súa preocupación pola perdida de calidade dos servizos e diminución das prestacións se a Consellería de Traballo e Benestar continua adiante coa privatización de departamentos nas residencias de maiores. O persoal laboral e os residentes chegaron a cortar o trafico na Virxe da Cerca e proclamaron a súa intención de continuar coas mobilizacións no caso de que a conselleira Beatriz Mato persista na súa actitude de intentos de privatizacións das residencias publicas da Xunta.