Novas por contido

O martes 31 de maio tivemos a primeira xuntanza con Función Pública para discutirmos as bases das convocatorias dos subgrupos A1, A2 e C2 de corpos xerais-libre da oferta de emprego do 2009 (xa era hora!!). Inda que as bases non están pechadas, hai unha novidade a salientar para calquer persoa candidata ao corpo C2, referente á proba de informática: en troques da versión inicial de Microsoft Office XP, vai ser con Microsoft Office 2007.

No anterior proceso de C2, a CIG aceptou a utilización do software da empresa privada Microsoft por non perxudicar a quenes levasen tempo coa súa preparación, ao tempo que demandábamos de Función Pública un anuncio de que as vindeiras serían con software libre (OpenOffice), cousa que non aceptou o Director Xeral. Nesta ocasión a CIG reclamou novamente a utilización de software libre, por diversos motivos:


  • A utilización de software propietario obriga ás persoas candidatas a apañar unha copia pirata ou a facer un alto desenvolso económico se queren ser legais.
  • O cumprimento do acordo unánime do Parlamento de Galiza do ano 2007 que compromete ao executivo ao uso de software libre na Administración.
  • O cumprimento do programa eleitoral do PP, quenes ofrecían aos cidadáns a súa intención de extender o software libre na Administración.


Novamente nos vimos ante o conflicto de termos que defender o cambio de software no proceso selectivo ou non dicir nada para non perxudicar aos milleiros de persoas candidatas a un posto de auxiliar adminstravo. E novamente alegamos que aceptariamos o software propietario de Microsoft acompañado dunha declacion do Director Xeral de Función Pública anunciando o cambio futuro.

Porén, foi a propia Función Pública quen decidiu realizar un cambio: parece ser que a Secretaría Xeral de Modernización indicou que a partires de agora será Microsoft Office 2007 a versión ofimática de uso común na nosa Administración. Xa que logo, e sabedores de que o paso de XP a 2007 supón numerosos cambios:

  • Criticamos o cambio de versión a estas alturas (oferta do 2009).
  • Postos a cambiar, reclamamos que pasen a OpenOffice.
  • O mantemento do software propietario de Microsoft supón un incumprimento dos acordos Parlamentares e do programa de goberno do PP.
  • Inda non pechado o asunto, advertimos aos candidatos/as que con toda probabilidade será a versión 2007a que terán que preparar.


Para rematar, denunciamos as poucas luces ou os intereses espureos que poidan existir nesta materia. O PP non acaba de entender que o software libre é perfectamente útil, que a súa utilización suporía unha reducción importante de gasto público, ao tempo que suporía que cunha pequena parte do diñeiro das licenzas axudariamos a reducir o paro (contratación de informáticos) e a incrementar as posibilidades dun tecido empresarial de alta productividade (empresas de soporte técnico propias).

Referente ao resto das bases (dispoñíbeis na zona de descargas deste web), os cambios son poucos e todos eles inda abertos:

  • Aceptan eliminar a lectura pública nos supostos prácticos (A1, A2). A CIG reclama probas obxectivas, sen lectura en ningunha proba e, caso de manter o desenvolvemento de tema e suposto práctico escrito, que o test teña mais peso.
  • A reducción de temas é de unha importancia cativa, e inda non pechada. Insistimos especialmente en A2.
  • Aumentan un pouco o tempo dos test nos tres grupos.
  • Incrementan unha praza para discapacitado/a en A1.
  • Manteñen a oposición como forma de acceso.
  • Aceptan a nosa petición de modificar a redacción do requisito de titulación en A2, para adaptalo á normativa que permite presentarse con tres cursos de licenciatura. Non aceptan mudar a redacción para engadir a formación profesional de terceiro grao ou equivalente.
  • Manteñen a exención da proba de galego. Irónicamente pedimos a exención das preguntas de dereito ás persoas con licenciatura en dereito (como xa teñen o título, xa acreditan o coñecemento).
  • Non aceptan introducir nota de corte nas bases.
  • Non aceptan modificar a composición dos tribunais.
  • A EGAP vai elaborar uns temarios guía para A1 e A2 (para C2 son disposicións normativas)
  • Non aceptan suprimir o temario de informática para C2 (alegamos que ao teren proba práctica, xa demostran o coñecemento das ferramentas)
  • Introducen o 1 de decembro do 2011 como data de referencia para o primeiro exercicio.


Descoñecemos se nos van chamar a unha nova xuntanza ou se as modificacións que incorporen as levarán directamente á Mesa Xeral. En todo caso, contamos que antes dun mes estea publicado no DOG.

Documentos relacionados:


Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...