Novas por contido

No dog nº 47, de 9 de marzo, sae publicada a Resolución do 3 de marzo de 2009, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o acceso á categoría 064 (oficial 1ª tractorista//tractorista e outros) do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, polas quendas de acceso libre e promoción interna,  pola que se lle dá publicidade a diversos acordos en relación cos procesos selectivos.

Acceso libre

(ligazón ao DOG):

Primeiro.-Desestimar na súa totalidade as reclamacións e alegacións presentadas.

Segundo.- superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en vinte e cinco (25) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez aplicados os descontos.

Terceiro.- A publicación das puntuacións obtidas serán publicadas no auditorio do Recinto da Feira Internacional de Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de información e atención ao cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na sede electrónica da Xunta de Galicia (www.xunta.es). 

Promoción interna

(ligazón ao DOG)

Primeiro.- Na quenda de promoción interna e cambio de categoría superaron o primeiro exercicio os que obtiveron unha puntuación mínima de doce puntos e medio (12,5). Para acadar a dita puntuación é necesario ter o 50% de respostas correctas unha vez aplicados os descontos.

Segundo.- A publicación das puntuacións obtidas serán publicadas no auditorio do Recinto da Feira Internacional de Silleda, no taboleiro de anuncios do Servizo de información e atención ao cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na sede electrónica da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro.-Os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación ás puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Outras novas recentes

Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Mércores, 24 Abril 2024

Prazas para elección de destino de auxiliares-C2 e administrativos-C1 (24/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos a relación de prazas que teñen previsto ofertar ás persoas que superaron os procesos selectivos de C1-corpo administrativo, e C2-corpo auxiliar: descargar. Xunto coa relación de prazas, vai unha explicación da situación das mesmas. O primeiro que salta á vista é o escaso número de prazas ofertadas.