Achegounos a consellaría a documentación para a xuntanza que terá lugar o 15 de xuño para tratar a modificación  da RPT de Sanidade e Sergas. Aparecen cambios de nome das subdireccións xerais e das xefaturas de servizo e algunha supresión (coma na Dirección Xeral de RRHH) que se adaptan ao novo Decreto de estrutura orgánica.

Os postos que se amortizan a maioría son vacantes ou que pasaron a persoal estatutario e algunha vacante das direccións provinciais do Sergas que se van a suprimir próximamente debido á creación das Áreas de xestión integrada (a xestión vai ser por áreas sanitarias, 11 en total, cunha xestión única para atención primaria e especializada).

A creación de novos postos débese sobre todo a sentenzas recoñecendo a condición de laboral indefinido.

A proposta da consellaría tamén pretende engadir a titulación de licencitaura en dereito para postos das Xefaturas Territoriais: e non só para os Servizos de Xestión, senón tamén para os postos base A1.

Podedes achegarnos as vosas consideracións ao noso enderezo de correo electrónico autonomica@cigadmon.gal

Descarga a documentación da proposta