CCOO vén de dar unha rolda de prensa acusando á CIG de electoralismo pola loita en defensa do centro. Que vai pasar co CAEE "Santiago Apóstol"?

A Administración pretende converter o Santiago Apóstol, un centro onde se presta asistencia integral a persoas con discapacidade nun lugar para estabular discapacitados (un almacén a longo prazo).

Para iso vai eliminar do carácter do centro o seu perfil de centro eminentemente educativo e vai restrinxilo a persoas cunha minusvalía superior ao 75%.

Con isto a Administración vai seguir derivando a nenos e nenas con minusvalías psíquicas a centros privados alonxados da comarca da Coruña.

O lamentábel desta manobra non só é que a Xunta do Partido Popular pretenda privatizar o centro, co custe social e laboral que leva aparellado, senón a conivencia sindical con estes plans privatizadores

CCOO, primeira forza sindical no comité de Empresa de Benestar, xa que a CIG non puido presentar candidatura hai 4 anos por problemas burocráticos, prestou apoio sindical ás manobras do PP.

As mobilizacións no Santiago Apóstol non veñen de agora (porque hai eleccións sindicais como di CCOO), senón que os traballadores, apoiados pola CIG veñen mobilizándose dende hai máis de dous anos contra os plans do PP. Hai menos dun ano se amortizaron 19 postos de Traballo e a Consellaría pretendía finiquitar o centro. Foi gracias a esas mobilizacións, das que CCOO e CSIF estiveron ausentes, cas que se conseguiu que o desmantelamento non fose total.

Agora nos enfrontamos a un novo feixe de amortizacións 12,  8 dos cales pasan ó San Xosé de Calasanz, mandando á rúa os traballadores/as de alí, e así con algunhas outras como oficiais 1º cociñeiros (CCOO di que non se perden postos de traballo, pois que lles pregunten os/as educadores/as do San Xosé de Calasanz) algo alleo ás eleccións sindicais, xa que é a Administración quen decidiu facelo nestes días.

Ante isto a CIG e os traballadores/as do Santiago Apóstol deciden volver a mobilizarse. E que fai CCOO?. Posicionarse ante esas amortizacións e oporse? Participar na loita dos traballadores/as e usuarios do Santiago Apóstol?

NON. CCOO decide facer unha rolda de prensa para dicir que as amortizacións non son para tanto ( non lles toca a eles/as), e que a CIG fai demagoxia.

Nos preguntamos a cambio de qué ou canto custou que CCOO adopte este posicionamento contra os traballadores completamente antisindical.