Novas por contido

O horario reducido de verán entre ás 8:30 e 14:30h previsiblemente establecerase de 20 de xuño a 20 de setembro.

A decisión final, que orbita ao redor das empresas de autobuses que prestan o servizo de transporte subvencionado, coñecerase en breve.

De novo quedará persoal sen poder desfrutar desta redución ou dunha compensación similar, e de novo é o cliente o ten que adaptarse ao servizo contratado coas empresas de autobuses e non ao revés

O luns  6 de xuño o director xeral da Función Pública convocou aos sindicatos para falar do horario de verán e propuxo as tres alternativas que estaban barallando:

a) Do 20 de xuño ao 20 de setembro; as persoas que veñen en autobus os días 20, 21, 22 de xuño e 19 e 20 de setembro teñen o mesmo horario de autobus que o resto do ano.

b) Do 20 de xuño ao 20 de setembro; as persoas que veñen en autobus os días 20, 21, 22 de xuño e 19 e 20 de setembro chegarialle o autobus vinte minutos antes da xornada de traballo.

c) Do 23 de xuño ao 18 de setembro con carácter xeral.

A CIG propuxo que hai que elixir a menos perxudicial de xeito global e que parece ser a b). Dende a CIG esiximos que este dereito se faga efectivo para todo o persoal da Xunta de Galicia e que no caso do persoal suxeito a un réxime especial de horario ou que non poida desfrutar da xornada de verán, se lle compense o exceso de xornada feita durante este periodo. Tamén hai que destacar a problemática que nos manifestan moitas nais e pais coa chegada das vacacións de verán  que lles resulta máis difícil conciliar a vida familiar e laboral por non ter con quen deixar os nenos e nenas, de aí que esta xornada reducida debera abranger o máximo posible as datas de peche das escolas.

En breve chamarannos para unha segunda xuntanza na que se pechará este tema.


Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...