Achéganos a Administracións (non era sen tempo) os borradores das RPTs do persoal veterinario de Sanidade, Medio Rural e Mar. Recordamos que Función Pública ten previsto sacar o concurso de veterinarios e posteriormente o resto de escalas de corpos especiais, e para sacar o dito concurso era requisito indispensable a elaboración desta RPT.

Podedes achegarnos as vosas consideracións sobre este tema a través do noso mail autonomica@cigadmon.gal. A data limite que nos dá a Administración para presentar alegacións é o 20 de xuño.

Descarga a documentación