Medio ano despois da publicación no DOG da RPT desta consellaría, achégasenos unha nova proposta que presenta unha nova modificación, neste caso tamén do Consello Galego da Competencia, onde se pretende blindar unha xefatura de sección por LD.

Por outra parte, na consellaría, preténdese  unha modificación común de "postos de secretario/a de subdirector/a" por "axudante de administración". Ademáis dun cambio de nome, haberá un cambio de dependencia (pasará á persoa titular da unidade salvo no caso das intervencións delegadas) e poderá acceder o persoal funcionario A2.

Haberá unha xuntanza o vindeiro 16 de xuño para expoñer as alegacións oportunas. Podedes achegarnos as vosas consideracións ao noso correo autonomica@cigadmon.gal.

Descarga a documentación (nova achegada o 14 de xuño)