O 14 de xuño tivo lugar unha nova Comisión de Persoal onde se trataron os seguintes temas: diploma directivo, xornada de verán, Axencia Galega de Infraestruturas, a RPT de persoal veterinario e diversos temas que afectan ao persoal da Consellaría de Cultura.

1. DIPLOMA DE DIRECTIVO

A CIG manifesta que non se xustifica a necesidade deste diploma tal e como está plantexado. Nun primeiro momento se utilizou para filtrar ás persoas que podían acceder a determinados postos. Non aporta nada e como moito se podería dar unha formación a quen accede a eses postos sen plantexar facelo previamente e consideralo un requisito. En ningún caso admitimos que se lle conceda a altos cargos que non teñan a condición de empregado público.

A EGAP decide retirar o artigo 6 e 8 mantendo a redacción orixinal.

Voto en contra da CIG e favorable de CCOO. UGT e CSIF se absteñen.


2. XORNADA DE VERÁN

A Administración explica que será do 20 de xuño ao 20 de setembro entre as 8:30 e as 14:30.
Desde a CIG consideramos que debería contemplarse a compensación horaria ao longo do ano ao persoal que non pode acollerse á reducción horaria. É unha cuestión de réxime interno, podería ser unha instrucción, polo que non debería dárselle publicidade externa e máis co que está caendo contra a imaxe do empregado público. Só afecta a terceiros no caso do horario de atención ao público, no resto non hai necesidade de publicarse no DOG.

Abstención das 4 centrais sindicais.

Acceso á orde publicada no DOG

Horarios autobuses verán SSCC

3. AXENCIA GALEGA DE INFRAESTRUTURAS

Desde a CIG valoramos positivamente que se cree unha axencia só con persoal laboral e funcionario da Xunta sen nengún tipo de restricción á mobilidade, conservando o vínculo xurídico de orixe, mantendo a condición do persoal interino e temporal, sen contar con persoal propio nin crear listas propias de contratación.
Igual que no pasado lle dimos o voto a favor da APLU por ser unha axencia constituída do mesmo xeito, o feito de que a CMATI renuncie a facer uso das potestades que lle otorga a LOFAXGA e non cree un chiringuito é positivo e demostra que calquer axencia que se cree pode seguir este modelo.

CCOO tamén lles parece ben. UGT dacordo coa CIG. CSIF da a noraboa á CMATI  pola negociación.

Voto a favor das 4 centrais sindicais.

Accede aos Estatutos

4. ROGOS E PREGUNTAS

RPT Veterinarios
A Administración comenta que haberá prazo ata o luns día 20 para presentar alegacións ao borrador da RPT de veterinarios e contan con enviar o borrador do concurso de traslados o mesmo día que se publique a RPT.
A CIG expón que aínda non se reuniu a Comisión de seguimento do Acordo de veterinarios e o lóxico sería determinar as funcións no regulamento e coñecer as necesidades derivadas desas funcións antes de elaborar a RPT. Para o concurso é necesaria a RPT e para esta é necesario o decreto de funcións, polo que pedimos que simultaneamente á elaboración da RPT se convoque a comisión de seguimento do Acordo.

Accede ás propostas das RPTs

Accede ao Acordo de Mellora

Persoal restaurados
Temos solicitada unha xuntanza sobre as condicións de traballo do persoal restaurador e non se nos chamou. Non imos tolerar que a persoal laboral se lle asigne a función inspectora aínda que sexa con eufemismos como “control e seguimento”. En todo caso si a Consellaría de Cultura ten a necesidade de asignar unha funcións derivadas das súas competencias o lóxico sería negocialas, cousa que  non está a facer.

Xefatura Territorial de Cultura en Pontevedra
Solicitamos o cese do xefe territorial con base ma incompetencia no exercicio das súas funcións, ao deterioro do clima laboral, persecución e vendettas que hai nesta delegación. Case a totalidade do persoal funcionario nos ten manifestado o seu malestar e indignación pola forma de conducirse deste xefe territorial, amén da súa incapacidade para exercer as súas atribucións.
É o único xefe territorial de Pontevedra que en vez de estar nomeado en LD o está en Comisión de Servizos.

Responde Cultura que transmitirán as queixas e están a facer a axenda para que haxa unha xuntanza. En ningún caso o persoal laboral vai facer funcións inspectoras.