Desde a CIG-Autonómica constatamos que a Consellaría de Educación e O.U. parece ter tomado nota da denuncia presentada polo sindicato o 13/06/2011, designando persoal colaborador de fóra do centro nalgún caso en que se pretendía incumprir a normativa vixente sobre horarios e xornada de traballo do persoal subalterno de centros de Educación.

A CIG continuará vixiando o cumprimento do Acordo sobre horario e xornada de traballo do persoal subalterno de centros de ensino de Educación. Lembrámosvos que en  caso de que en calquera centro se pretenda que o persoal subalterno desenvolva o seu horario ou xornada fóra dos límites que marca o dito acordo, os traballadores poden contactar co sindicato a través dos locais da CIG-Autonómica ou no correo autonomica@cigadmon.gal .