A CIG-Autonómica vén de presentar o 22/06/2011 un escrito á Consellería do Mar sobre as irregularidades no establecemento de quendas de traballo do persoal funcionario destinado en Unidades Operativas do Servizo de Gardacostas de Galicia.

A denuncia da CIG está motivada polo incumprimento das previsións da Orde de 2 de maio de 2006 da Consellería do Mar sobre réxime de prestación de servizos, horarios, vacacións e compensacións do persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Descargar a Orde de 02/05/2006 da Consellería do Mar sobre réxime de prestación de servizos do Servizo de Gardacostas

Descargar o escrito de 22/06/2011 dirixido pola CIG á Consellería do Mar