Novas por contido

Desde a CIG-Autonómica denunciamos que a Administración está a incumprir reiteradamente o acordo para a ordenación e mellora da prestación dos servizos veterinarios oficiais no ámbito da Xunta de Galicia do 31 de outubro de 2008, nos seguintes aspectos:

  • A reorganización dos servizos veterinarios nos distintos departamentos da Xunta de Galicia procedería unha vez aprobado o novo regulamento de funcións mediante decreto; só existe un borrador polo que se regulan as funcións do persoal veterinario que prestan os seus servizos na Xunta de Galicia que non  pasou aínda pola mesa de negociación, nin foi aprobado, nin por suposto publicado no DOG.

  • O Decreto 200/1991, do 13 de xuño, reestrutura e define as funcións dos servizos veterinarios oficiais; nestas RPTs modifícanse os ámbitos de actuación incumprindo o recollido no artigo 3º do dito decreto, que aínda está vixente.

  • A inclusión da condución de vehículos como complemento específico non aparece recollido no acordo.

Desde a CIG sempre se defendeu a igualdade no senso de que ao mesmo traballo e funcións deben corresponder as mesmas retribucións. Todo o persoal veterinario ten funcións como inspectores/as polo que tódolos postos deben denominarse Inspector/a veterinario/a no ámbito correspondente co nivel 24 e co mesmo complemento específico. No caso concreto de Medio Rural todo o persoal debería estar incluído na rede de alerta sanitaria, xa que nas propostas de RPTs, de xeito completamente ilóxico, exclúense os postos dos Servizos Centrais que son os que organizan, coordinan e planifican o traballo a nivel autonómico.

Despois de tantos anos sen ter concurso de traslados (1993), as xefaturas de área, postos que foron LDs con anterioridade e tiveron que pasar a ser de concurso por sentenza xudicial, aínda non executada, aparecen con formación específica: experiencia neses postos (mérito). O bloqueo destes postos non permitiría o acceso en igualdade de condicións polo tanto propoñemos que se elimine a dita formación específica como mérito.

O persoal veterinario oficial da Xunta de Galicia, pola Lei 17/1989 de creación de escalas de persoal sanitario, son da Escala de Veterinarios, e teñen funcións distintas que son as específicas da súa profesión. A Lei de Función Pública de Galicia establece que a creación, refundición, modificación ou supresión dos corpos e escalas deberase facer por lei. Sería ilegal poro tanto adscribir aos veterinarios da Consellería do Mar á Subdirección Xeral de Gardacostas de Galicia.

Na Consellaría de Mar tódolos postos, incluíndo a Xefatura de Servizo de Inspección Veterinaria e a Xefatura  de Sección Seguridade Alimentaria e Sanidade Animal  deben ter titulación exclusiva de persoal veterinario xa que tódolos inspectores/as veterinarios/as teñen formación en inspección, seguridade alimentaria e sanidade animal e funcións especificas que se recollen no decreto 200/1991. Non ten ningunha lóxica que a Xefatura do Servizo de Inspección Veterinaria de nova creación sexa o único dos postos dos Servizos Veterinarios Oficiais da Xunta de Galicia no que non se esixe a titulación de Licenciatura en Veterinaria.

Agardamos que Función Pública non tarde moito en convocarnos á mesa de negociación, e que incorpore as modificacións propostas desde a CIG-Autonómica, máis tendo en conta que con estas alegacións mantéñense tódolos postos de traballo e non implican ningún incremento económico da dotación orzamentaria.

Ligazóns de interese:

Documento de alegacións *

* Documento accesible só para afiliados (cómpre iniciar sesión como usuario afiliado rexistrado)

Outras novas recentes

Xoves, 21 Marzo 2024

Reunión do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social

Riscos para a saúde moi elevados nas escolas infantís O venres tivo lugar unha nova xuntanza do Comité de Seguridade e Saúde Laboral de Política Social, no que estaban presentes os representantes das consellería de política social, servizo de prevención propio da Xunta, servizo de prevención alleo (Qualtis), representantes do Consorcio e delegadas e delegados de prevención...
Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...