O pasado 15 de xuño de 2011 a CIG presentou as súas alegacións ao proxecto do Plano Hidrolóxico do Miño-Sil-Limia.

Con respecto aos traballadores a CIG espuxo o seguinte:

Os traballadores e traballadoras que realicen as súas funcións tanto nas redes de control coma tramitación, información e tódalas outras funcións que teñen relación con este Plan deberán ser persoal propio da administración hidráulica transferida á Comunidade Autónoma da Galiza. En especial o referente á inspección e vixilancia, que deberán ser ocupados por persoal funcionario público, dotado coa presunción de veracidade que lle corresponde como axentes da autoridade.

Por outra parte, pensamos que sería interesante implementar canles de colaboración entre as distintas administracións públicas que teñen competencia sobre o medio acuático así como universidades e centros de investigación co gallo dunha maior coordinación.


Dende a CIG rexeitamos a externalización de tarefas como a toma de mostras nos puntos de control, estudos de concas... e demandamos, unha vez máis,  o axeitado dimensionamento do cadro de persoal da Xunta de Galicia, de cara a cumprir os obxectivos do Plan.

A sociedade galega, dende antigo, mostra  preocupación pola  conservación das masas de auga, tanto polo seu valor económico, coma social e ecolóxico. Por iso propomos  realizar un programa de cooperación na detección de verteduras, limpeza e denuncia de posíbeis afeccións no medio. Tamén se debe traballar de cara unha maior sensibilización social no uso do auga, posta en valor das masas de auga  e de coñecemento do Plan. Para estes programas é importante contar coas organización sociais e de defensa do medio natural.  


Podedes consultar o documento con todas as alegacións no seguinte enlace