O luns 27/06/2011, despois de ter coñecemento de que o xoves 30 de xuño vaise tratar o ROC de Escolas de Arte e Deseño e dos CIFP na mesa sectorial do persoal docente, a CIG-Autonómica vén de presentar novos escritos á Dirección Xeral da Función Pública e á Consellería de Educación e O.U., instando a que calquera aspecto dos Regulamentos orgánicos de centro (ROC) que afecte ás condicións de traballo do persoal laboral e funcionario da Administración xeral sexa negociado nos foros correspondentes, e non na mesa sectorial de persoal docente.

Desde a CIG-Autonómica, advertimos á Consellería de Educación e O.U. e á Dirección Xeral da Función Pública de que tomaremos as medidas que sexan oportunas para asegurar o dereito á negociación colectiva do persoal laboral e funcionario da Administración xeral destinado en centros de ensino.

Descargar o escrito dirixido á Consellería de Educación e O.U. de 27/06/2011

Descargar o escrito dirixido a Función Pública o 27/06/2011

Descargar a proposta de ROC das Escolas de arte e diseño (ver artigo 18)

Descargar a proposta de ROC dos CIFP