No DOG do Martes, 28 de Xuño, publícase a resolución pola que se aproba a relación provisional de admitidos e excluídos do concurso 01/2011 para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galiza. Pódese consultar no enderezo web de Función Pública a través da seguinte ligazón.

Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de dez (10) días hábiles para presentar reclamacións, tendo que dirixílas á Dirección Xeral da Función Pública. Os solicitantes que non figuren na relación de admitidos nin na de excluídos disporán do mesmo prazo para formular a súa reclamación. O prazo rematará o 9 de xullo.