O 28 de xuño reuniunos a Administración para adiantarnos a posta en marcha do calendario de creación da Axencia Galega de Modernización Tecnolóxica. Unha nova axencia que pretende aglutinar os servizos informáticos de todos os entes instrumentais da Xunta de Galicia e que pretende seguir contando cun elevado número de servizos tecnolóxicos externalizados, engordado ademáis, coa posibilidade de contratar persoal propio.

Nos primeiros apuntes da xuntanza parecía que todo se ía levar a cabo consonte ao modelo da Axencia Galega de Infraestruturas, modelo defendido pola CIG-Autonómica desde a aprobación da súa lei habilitante ata o seu Decreto de creación. Porén, nunha primeira ollada á documentación descobrese que os Estatutos (art. 29) remiten á LOFAXGA e polo tanto vai poder contratar persoal laboral PROPIO. Por moito que digan que non, non limitan a potestade que lle da a lei para facelo, a diferenza da Axencia Galega de Infraestruturas.

A pesar de que na xuntanza todo eran boas intencións, se deixou claro desde un primeiro momento que van seguir contando coa enorme cantidade de ATs que caracterizan os servizos informáticos da Admnistración autonómica. Xa que logo, para a CIG-Autonómica, esta axencia configura un modelo de Administración atomizada na que o persoal propio da Xunta queda relegado e as súas funcións son absorbidas, cada vez máis, por contratos e empresas de fóra.

Ligazóns relacionadas: