Acheganos a Administración o listado de postos que se ofertarán no próximo concurso de traslados de persoal laboral do grupo I ao IV. O dito listado é un documento inical de traballo xa que en breve se porá en marcha unha aplicación específica de buzón de postos.

Convocarannos a unha reunión na que explicarán o funcionamento desta nova aplicación. Será a partir desta reunión cando as organizacións poderemos indicar neste buzón de postos as observacións. Na reunión informarásenos tamén do prazo que teremos para indicar as ditas alegacións.

Mentres tanto, e como sempre, convidámosvos a achegarnos as vosas consideracións ao noso correo autonomica@cigadmon.gal

Descargar vacantes