Novas por contido

O martes 5 de xullo de 2011, a Dirección Xeral da Función Pública vén de manter unha xuntanza coas organizacións sindicais representativas para tratar o futuro concurso de traslados do persoal veterinario e a reforma das Relacións de Postos de Traballo do persoal veterinario das consellerías de Medio Rural, Sanidade e Mar.

Concurso de traslados de persoal veterinario:

Función Pública achegou na xuntanza o rascuño das bases do concurso de traslados, sen a listaxe dos postos vacantes que se van ofertar, informándonos de que será remitido coa maior brevidade ás organizacións sindicais. Función Pública insistiu no compromiso de ofertar todos os postos vacantes das novas RPTs.

Como novidade, a Administración anunciou que neste concurso non está previsto que haxa fase de resultas, xustificándoo co compromiso de que en breve se convocaría outro concurso e de que os futuros concursos se convoque coa periodicidade prevista na normativa vixente. Desde a CIG posicionámonos a favor do mantemento da fase de resultas mentres non poidamos verificar o cumprimento efectivo de tales compromisos.

Desde a CIG, incidimos na conveniencia de tratar a reforma do actual decreto de funcións do persoal veterinario con anterioridade á reforma das RPTs, convocando o concurso de traslados unha vez se resolvan ambos temas. A este respecto, Función Pública recalcou en que ten intención de que a negociación do decreto transcorra en paralelo á das bases do concurso e ás RPTs.

Con relación aos postos de traballo abertos tanto a persoal veterinario como a outros corpos especiais, desde a CIG manifestámonos no sentido de que deberían ser incluídos nestas RPTs. Función Pública comprometeuse a estudar esta posibilidade, ben realizando simultaneamente o concurso de persoal veterinario co do resto de corpos especiais, ou ben facilitando que o persoal veterinario poida participar neste último.

A previsión da Administración é convocar o concurso de traslados durante o presente mes de xullo, e resolvelo en torno a finais do ano 2011.

Función Pública informou así mesmo de que as novas RPTs non entrarán en vigor até que se resolva o concurso de traslados.

Función Pública marcou o venres 8 de xullo como data límite para presentar alegacións.

RPTs de persoal veterinario de Mar, Sanidade e Medio Rural:

Ao igual que no caso do rascuño das bases do concurso, Función Pública achegou durante a propia xuntanza as contestacións das consellería de Mar, Sanidade e Medio Rural ás alegacións presentadas pola CIG e as outras OOSS representativas.

Desde a CIG anunciamos que presentaremos novas alegacións unha vez que estudemos as contestacións das consellerías, e insistimos en que a reforma das RPTs se debería tratar no marco do Acordo de mellora para o persoal veterinario de 2008 asinado pola CIG e UGT.

Así mesmo, manifestamos o noso desacordo co mantemento de requisitos indispensables para o acceso aos postos, especialmente na RPT de Medio Rural, xa que entendemos que desnaturaliza o sentido do concurso de traslados. Desde a CIG entendemos que se debe valorar a formación para os postos, pero de maneira que non se peche á xeneralidade do persoal.

Desde a CIG, manifestamos así mesmo o noso frontal desacordo coa adscrición do persoal veterinario á Subdirección xeral de Gardacostas en Santiago de Compostela, en lugar de concretar a situación xeográfica de cada posto.

Persoal en destino provisional e OEP 2008:

En relación ao persoal veterinario que está en destino provisional, Función Pública informou que se lle ofertará destino definitivo unha vez se resolva o concurso de traslados.

Desde a CIG preguntamos tamén polas previsións respecto das prazas de persoal veterinario da OEP 2008 que están pendentes de convocar. A este respecto, Función Pública informou que posiblemente incrementen o número de prazas, unha vez se avalíen as necesidades de persoal e se concilien coas restricións orzamentarias.

Comisión de seguimento do Acordo de mellora do persoal veterinario de 2008:

Desde a CIG insistimos na obrigatoriedade de convocar a Comisión de Seguimento do Acordo de 2008, asinado por CIG e UGT, tanto para tratar a reforma do decreto de funcións do persoal veterinario, como para abordar coas consellerías implicadas as propostas de reforma das correspondentes RPTs.

Descargar o rascuño das Bases do concurso de traslados de persoal veterinario

Descargar o resumo da xuntanza con Función Pública de 05/07/2011

Descargar* a documentación completa sobre RPT (veterinarios) de Mar, Medio Rural e Sanidade

Descargar* a contestación da C. de Medio Rural ás alegacións á reforma da RPT de persoal veterinario

Descargar* a contestación da C. de Sanidade ás alegacións á reforma da RPT de persoal veterinario

Descargar* a contestación da C. do Mar ás alegacións á reforma da RPT de persoal veterinario

 * Documentos dispoñibles en descarga só para afiliados.


Actualización:

O 06/07/2011, a Consellería do Mar vén de convocar ás organizacións sindicais a unha xuntanza que terá lugar o vindeiro venres, día 8 de xullo de 2011, ás 12:00 horas, na Sala de Xuntas da Secretaría Xeral Técnica do mar, co obxecto de expoñer, previamente a que sexa remitida para a súa tramitación á Dirección Xeral da Función Pública, a proposta de modificación da Relación de Postos de Traballo da Consellería do Mar (persoal veterinario). Máis información.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...