Achéganos Industria, con 24h de antelación á xuntanza, a documentación dunha modificación parcial da RPT (que afecta sobre todo á DX de I+D+I) xunto co borrador do decreto da futura Axencia de Innovación. Desde a CIG-Autonómica consideramos esta actitude como unha burla do que é o proceso de negociación colectiva. Sen tempo material para analizar en profundidade as máis de 50 follas de documentación, indicámosvos unhas pinceladas do que se pretende.

A intención da consellaría é ir pola súa conta, ao marxe do marcado por Función Pública na creación das axencias, e crear unha axencia que podería contratar persoal propio e contaría coa mínima cantidade de persoal funcionario e laboral por concurso.

De feito, a modificación da RPT vai no sentido de localizar as prazas de persoal laboral e funcionario da actual DX de I+D+I no resto de unidades da consellaría para levar á futura Axencia o mínimo persoal propio da Xunta (maioritariamente LDs) e así establecer unha axencia o máis parecido a unha empresa privada, saltándose os principios de mérito, capacidade e igualdade nos procesos selectivos. Desde a CIG-Autonómica mostramos o noso máis absoluto rexeitamento a este modelo de Axencia.

NOTA: Xuntanza adiada tralo plante sindical para o 1 de agosto.

Descarga o borrador da Axencia

Descarga a proposta de modificación da RPT