O Conselleiro Méndez Romeu da orde a Función Pública para que paralice todos os procesos que están en trámite. É inaudito que unha Administración Pública se  permita o luxo de estar parada por mor dun cambio de goberno. A administración ten que funcionar independentemente do poder político e este tipo de actuacións por parte do goberno son unha irresponsabilidade máis de cara á cidadanía e de cara ás/aos traballadoras/es.

O Sr. Méndez Romeu esta a se pregar ante as presións dos sindicatos CCOO e CSI-CSIF que o único que pretenden é que non se  mova un papel ata que chegue o novo goberno do Partido Popular. Isto significa que todas as ofertas de emprego negociadas, a promoción interna e os nomeamentos dos tribunais non van ser publicados no DOG polo goberno en funcións.

Qué clase de sindicatos son os que fan presións ao goberno para que non  publique as oposicións de laborais da oferta de 2008, o concurso de traslados de funcionarios/as e laborais, as modificacións das Relacións de Postos de Traballo que foron negociadas con anterioridade?. Para cándo o persoal funcionario vai ter a promoción interna que tiñamos negociado?

CC.OO. e CSI-CSIF son corresponsables xunto coa Consellaría de Presidencia de que todo o negociado e pactado co actual goberno quede en “auga de borraxe” se o PP cando chegue a San Caetano se nega a negociar.

Dende a CIG esiximos a Función Pública e á Consellaría do Sr. Méndez Romeu que os procesos cuia negociación quedou pechada con anterioridade á celebración das eleccións ao Parlamento de Galiza sigan o seu trámite co fin de non obstaculizar máis o normal funcionamento da Administración Pública.