Achéganos a consellaría de Facenda unha segunda proposta tras a primeira mesa informal de negociación na que se sinalan un leves cambios que desde a CIG-Autonómica interpretamos como insuficientes respecto ás nosas alegacións, sendo o máis apreciable os avances feitos nos cambios das xefaturas territoriais.

Na Dirección Xeral de Orzamentos

O posto código FCC040000215770021, denominado "xefatura de sección de sistemas de financiamento", que xa figuraba na memoria funcional, se lle engade a frase seguinte : " Proponse que se modifique a súa denominación , pasando a : "Técnico/a financeiro/a III", do mesmo xeito que as demais seccións desta subdirección xeral. "

O posto código FCC040000415770010, denominado "xefatura de sección de xestión orzamentaria persoal", que xa figuraba na memoria funcional, se lle engade  a frase : "Proponse que se modifique a súa denominación ,pasando a : "Analista de Custos de Persoal III", do mesmo xeito que as demais seccións desta subdirección xeral."

Engádese o seguinte parágrafo : "- O posto código FCC040000415770017, denominado "Xefatura Sección de Recursos Propios do Sergas", proponse que se modifique a súa denominación , pasando a : "Analista de Custos de Persoal IV", do mesmo xeito que as demais seccións desta subdirección xeral."

Engádese o seguinte parágrafo : "- O posto código FCC040000415770021, denominado xefatura de negociado, nivel 18,  na Subdirección Xeral de Custos de Persoal, modifica a súa dependencia pasando á Subdirección Xeral de Recursos e Análise Orzamentaria, modificando en consecuencia o seu código a : FCC040000215770002. A razón desta proposta é acadar unha mellor distribución dos efectivos desta dirección xeral en función das labouras de cada unha das súas subdireccións xerais. "

Na Dirección Xeral de Planificación e Fondos

Proponse que o posto código FCC070000115770012, denominado : "Xefatura do Servizo de Avaliación e Análise", modifique o corpo/escala no senso de que en lugar de "xeral/xeral(escala finanzas)" figure aberto tamén a persoal da Administración Especial de tal xeito que nesa columna figure : "xeral/xeral(escala finanzas)/especial".

Nas xefaturas territoriais

Non se realiza a proposta de fixación dos méritos : 007, experiencia en xestión orzamentaria; 009, experiencia en xestión económica; e, 197, experiencia en xestión tributaria, nas xefaturas de negociado (habilitación). Quedarían tal e como están na vixente RPT.

Retírase da proposta o posto código FCC991000032001037, "xefatura sección II" , da Xefatura Territorial de Ourense.

Descargar documentación*

*Dispoñible na zona de descargas da afiliación