Novas por contido

A CIG vén de presentar por rexistro un escrito dirixido á Consellería de Medio Rural denunciando unha serie de irregularidades no Servizo de Prevención e Defensa Contra Incendios Forestais.

A denuncia da CIG está centrada no incumprimento de diversos artigos e puntos do V Convenio Colectivo. Así, segundo o disposto no punto 3.15. Equipamentos de protección individual das Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais da Xunta de Galicia do  V Convenio Colectivo Único do persoal laboral da Xunta de Galicia a Consellería de Medio Rural non está a substituir ou a dotar de novos EPI aos traballadores/as.

Outra tema que se denuncia neste escrito é o incumprimendo de diversos aspectos da Lei 31/1995, de 8 de novembro, de Prevención de Riscos Laborais e do Real Decreto 486/1997, de 14 de abril, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde nos lugares de traballo. Neste senso, a CIG denuncia o estado e a situación actual de moitos dos postos de vixilancia e de bases do país, os cales teñen graves carencias no tocante ao seu estado físico e constructivo, á súa dotación de servizos básicos coma a auga potable, servizos, accesos, antenas de comunicacións, emisoras así coma a dotación de materiais de traballo e de oficina necesarios para que os traballadores/as desempeñen o seu traballo.

Outro aspecto salientable é o incumprimento de novo do disposto no V Convenio Colectivo, neste caso no referido ao ditado no seu artigo 26º.-Complementos salariais apartado 5. Nocturnidade, o cal di literalmente que “A cada traballador/a que realice a súa xornada en horario nocturno proporcionaráselle café ou bebida quente”, aspecto que se está a incumprir por parte dos distritos  forestais dependentes da Consellería de Medio Rural.

Asemade, neste escrito faise fincapé na reclamación do complemento de nocturnidade para os traballadores/as fixos, fixos-descontinuos e PLADIGA en virtude do disposto na Sentenza do Tribunal Supremo de 20 de xullo de 2010, a cal recoñece o dereito destes traballadores e traballadoras á percepción do complemento de nocturnidade dos anos 2008, 2009 e 2010. A día de hoxe aos traballadores fixos  e fixos-descontinuos a Consellería de Medio Rural adéudalles a nocturnidade do ano 2008 e aos traballadores/as do PLADIGA a dos  anos 2008, 2009 e 2010. Neste senso, cabe sinalar a obriga legal que ten a consellería de aboar o 10 % dos xuros de demora polas cantidades correspondentes, así coma a inclusión en nómina do citado complemento de nocturnidade.

Finalmente a CIG tamén denuncia que no referente aos traballadores fixos e fixo-descontinuos dende o 1 de xullo de 2010 en moitos distritos do país estase a facer traballos de prevención coma limpeza de puntos de auga, desbroze de camiños e pistas incumprindo o disposto no V Convenio Colectivo Único para o persoal laboral da Xunta de Galicia onde  literalmente no apartado 3.2 das Condicións especiais de traballo do Persoal do Servizo de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais (SPDCIF) da Xunta de Galicia di que “As tarefas deste colectivo serán prioritariamente de prevención nos meses en que haxa un menor risco de incendios forestais e de vixilancia e extinción na tempada de alto risco”.

Nota de prensa remitida aos medios

Outras novas recentes

Mércores, 27 Marzo 2024

Concursos de traslados de consumo, axentes ambientais e gardacostas: admitidos/as-excluidos/as provisional

Dende a Dirección Xeral de Función Pública comunítanos que o vindeiro día 5 de abril publicarán en DOG as resolucións polas que se aproban as relacións provisionais de persoas admitidas e excluídas dos concursos para a provisión de postos de traballo vacantes de: Escala de axentes de inspección, especialidade de consumo. Escala de axentes facultativos ambientais e axentes...
Luns, 18 Marzo 2024

A CIG solicita que se volva a abrir o buzón de postos do concurso de corpos especiais

Despois dun breve prazo para formular alegacións, Función Pública pechou o buzón sen responder a máis da metade das alegacións sobre os postos. De todas as alegacións formuladas pola CiG en relación aos postos do concurso de traslados de corpos especiais (inclusións, exclusións, etc) de máis da metade non temos resposta. Hai que facer constar que cando nós alegamos por ter...
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...