Novas por contido

As relacións de postos da Consellería de Traballo consolidan postos a dedo en dirección de centros, oficinas de emprego e outros varios, contradecindo a politica de austeridade e despolitización da administración.

A Xunta presenta o venres 29 de xullo na Mesa Xeral o seu proxecto de nomear a dedo aos responsables de xestionar as oficinas do paro e os centros de maiores.


O Comité de Empresa de Traballo e Benestar, aprobou hoxe na súa comisión permanente, co respaldo de todos os sindicatos CIG, UGT, CCOO, CSIF, denunciar o intento da conselleira Beatriz Mato de contravir as politicas de austeridade e profesionalización dos postos públicos, coa presentación dunha relacións de postos de traballo que consolida os postos a dedo dos directivos das residencias e das oficinas de emprego en toda Galicia.

Os postos cataloganse como de Libre Designación polo que as intencións da conselleira Beatriz Mato é reverter o proxecto aprobado polo goberno bipartito e co apoio do Parlamento galego, de ofrecer as prazas inferiores ao nivel 30 a concurso libre, como son o caso das direccións das residencias de maiores, centros de dimuidos, oficinas ede empreso, coordinación de areas,etc, pasando agora a perpetuarse o sistema a dedo, pola que a conselleira buscara o perfil do amiguismo e o clientelismo politico como xeito de ofertar a cobertura destas prazas

Con este sistema, faltase ao compromiso do Presidente da Xunta, Alberto Nuñez, de evitar o partidismo nos nomeamentos de postos que non sexan estrictamente políticos e non é xustificable que quen vai a dirixir un centro da terceira idade ou unha oficina de emprego teña como único mérito posible ser do PP ou gozar de amizade co conselleiro ou director xeral de turno.

Consideramos autenticamente escandaloso, que sexan estes postos cubertos a dedo os que deberian ter un perfil eminentemente técnico e profesional, xa que unha vez exercendo as funcións para as que son nomeados non teñen os coñecementos necesarios para desempeñar as suas funcións con eficacia e eficiencia, xa que alguns mesmo é a primeira vez que pisan unha residencia de maiores na súa vida.

O Comité de Empresa solicitou hoxe a paralización deste Relación de POstos de Traballo e o inicio dun proceso de negociación con todos os comites de traballo e benestar verdadeiros coñecedores das necesidades dos centros e con moitas ideas para aforrar cartos ao erario publico, sobre todo en salarios astronomicos para estes postos directivos nomeados a dedo.

Pedimoslle á conselleira Beatriz Mato que se sente a falar cos representantes dos traballadores das oficinas de emprego, das residencias, dos centros sociais, e que Non manteña o proxecto de RPT que desmantela o centro Santiago Apostol de A Coruña. efectiviza os nomeamentos a dedo, e inicia o proceso de privatización dos servizos sociais. Mentras non o faga este Comité de Empresa vai chamar a mobilizarse aos traballadores e vai denunciar ante os cidadáns a hipocresia de qen desmantela os servizos sociais e convirte a administración nunha rede caciquil para o control electoral dos mais desfavorecidos, desde os postos directivos.

Nota informativa do Comité de Empresa da Consellaría de Traballo e Benestar da Coruña remitida á prensa.

Outras novas recentes

Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de corpos xerais: novo listado de prazas para revisar (23/04/24)

A Dirección Xeral de Función Pública enviounos un novo listado de prazas para o concurso de traslados de corpos xerais. Non indican prazo, pero podemos alegar. Se é do teu interese, podes descargar o listado: ligazón. Se sabes de prazas que están mal ou non aparecen, podes contactar coa CIG. O xoves 25 de abril estamos convocados a unha Mesa Xeral, e teremos unha xuntanza...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...