Na xuntanza do 1 de agosto de 2011 as 4 organizacións sindicais presentes na Comisión de Persoal - CIG, CCOO, UGT e CSIF- plantaron ás persoas representantes da Xunta de Galicia en protesta pola actitude do Goberno. Unha actitude de tirar para adiante con todo sen ningún tipo de participación da parte social, agudizada desde as eleccións municipais, reducindo a negociación colectiva a un mero formalismo.

Desde as organizacións sindicais declarase que é imposible negociar se non hai vontade e boa fe por parte do Goberno. Asumen esta situación dentro da campaña de descrédito que esta a levar a cabo o Goberno galego en contra dos sindicatos e das empregadas e empregados públicos cun claro obxectivo de favorecer as privatizacións dentro da Administración autonómica.