No Boletín Oficial do Estado de 02/08/2011 publícase a Lei estatal 21/2011, de 1 de agosto, sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social.

Baixo ese eufemístico título, esta lei aprobada polas Cortes Xerais do Estado, co visto e prace das centrais sindicais maioritarias a nivel estatal, vén a significar a xeneralización da xubilación aos 67 anos, alén de supoñer unha merma significativa do importe das pensións futuras que percibirán os actuais traballadores e traballadoras en activo, ao se alargar o período de cálculo da pensión de xubilación a 25 anos.

Descargar a Lei estatal 21/2011 sobre actualización, adecuación e modernización do sistema de Seguridade Social