O luns 01/08/2011 estaba prevista a Comisión de Persoal (órgano composto por representación das consellerías e dos sindicatos), convocada pola a Xunta como un simple paripé para aprobar formalmente a desaparición do CAEE-Centro de Atención é Educación Especial- Santiago Apóstol e a creación do novo CAPD -Centro de Atención a Persoas Discapacitadas- Santiago Apóstolo. Este proceso de reconversión do "Santiago Apóstolo" conlevou a destrución de 19 postos de traballo en xaneiro e 14 postos de traballo na dita data de 01/08/2011, alén de modificar seriamente as condicións de traballo, e de dar carta de natureza a un Centro para Adultos Discapacitados Intelectuais Gravemente Afectados -aqueles valorados cun 75% de Discapacidade-, impedindo que haxa persoas discapacitadas de todos os graos, co cal se liquida de paso o aspecto educativo do centro.

Nas seguintes ligazóns relaciónase o plantón que lle deron os catro sindicatos -CIG, UGT, CCOO e CSIF - ao paripé da Xunta, que non quere negociar nada senón impoñer todo.