Despois de moito insistir, a EGAP fai públicos ao fin os temarios de varios procesos selectivos en fase de admisión de solicitudes (A1, A2 e C2 de corpos xerais e A1 e A2 de informática). A pesar de que estes temarios inclúen a parte específica, seguen sen ser vinculantes para os tribunais, algo que seguimos demandando. Accede aos temarios

Ampliado o prazo de presentación de solicitudes en varias convocatorias de procesos selectivos ata o 19 de agosto. Accede á información

Porén, desde a CIG-Autonómica, seguimos reclamando unha vontade negociadora real nos procesos pendentes e unha maior seriedade e previsión no seu desenvolvemento, así como a publicación do resto de temarios. Accede ao cronograma