Achéganos a Consellaría de Economía e Industria o borrador do Decreto de creación e Estatutos da futura Axencia Galega de Promoción Económica. Esta Axencia virá a suceder ao actual Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) consonte á Disposición Transitoria 3ª da LOFAXGA. Este documento será discutido nunha vindeira xuntanza o día 6 de setembro.

Despois das investigación xudiciais sobre este organismo de lavado de cartos a través da "operación campeón", este cambio de nome de IGAPE por AGAPE vaille resultar do máis politicamente oportuno á consellaría.