Novas por contido

A Xunta non está a protexer a saúde das traballadoras da loita contra o lume, ás que deixa a súa sorte xa que tras non adaptarlles o posto solicitan a suspensión por risco (fórmula legal para evitar que as traballadoras permanezan nun posto no que exista un risco para a súa saúde ou a do fillo/a) que tamen lles é denegada.

A MUTUA GALLEGA, nestes casos a responsable da súa tramitación, denega de xeito sistemático esta suspension do contrato coa única finalidade de aforrar cartos desinterásndose pola sorte que corra a saúde da traballadora e do seu fillo/a.

A lei de prevención de riscos laborais, do ano 1995, recolle especificamente que as mulleres traballadoras embarazadas e en periodo de lactancia non traballarán en quendas rotativas nin faran servizos nocturnos e se lle adaptaran as condicions de traballo así como se lle cambiara o posto no caso de que exista un posible risco para tanto a súa saúde como a do fillo/a.

Asimesmo o Plan de Prevención de Riscos Laborais da Xunta de Galicia contempla a obriga de identificar os postos que teñen risco para o embarazo e o período de lactación, polo que a CIG ven a denunciar que a día de hoxe estes postos non estan identificados este desprezo mostrao tamen coa non avaliación de riscos dos postos.

Dende a CIG e a traves da nosa representación nos órganos de prevención, os Comités de Seguridade e Saúde Laboral vimos esixindo o cumplimento da lei nas avalicións e na protección da maternidade, comités que nin a Xunta  convoca e dos que pedimos de novo a súa URXENTE CONVOCATORIA estes días.

Esta denuncia concrétase en que hoxe unha traballadora do Servizo de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais da Xunta de Galicia, ten que realizar as súas funcións na loita contra o lume con toxicidade (fumes provocados pola combustión, retardantes, fitocidas...), riscos biolóxicos e aqueles derivados do traballo nocturno e a quendas de ata 12 horas continuadas. Queremos resaltar que este traballo non se realiza nun centro centro de traballo pechado e debidamente acondicionado, senon que é no monte en vehiculos todoterreo no que se despraza toda a birgada, polo que nestas condicións é obvio que a extracción de leite materna é unha misión imposíbel.

En definitiva á Xunta de Galicia, o Goberno do PP esta a promocionar unha LEI DA FAMILIA cando por outra banda deixa desprotexida a maternidade das súas propias traballadoras, inhibíndose da súa reponsabilidade e permitindo o abuso da MUTUA GALEGA que antepón a súa conta de resultados á saúde da traballadora e o fillo/a.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Venres, 12 Abril 2024

Educación retira a axuda por discapacidade ao seu persoal funcionarizado

A Consellería de Educación, de xeito unilateral e sen previo aviso, retirou a axuda por persoa con discapacidade a cargo que o persoal funcionarizado tiña recoñecida en base ao V Convenio Colectivo da Xunta de Galiza. O persoal laboral ten dereito a unha axuda de 180 € mensuais cando ten ao cargo unha persoa con discapacidade e con ingresos inferiores ao SMI. En teoría ese...
Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...