O día 2 de setembro de 2011, a Dirección Xeral da Función Pública mantivo unha xuntanza coas organizacións sindicais na que se nos informou dos temas seguintes:

En primeiro lugar, informouse de que irán proximamente ás mesas de negociación e á Comisión de Persoal os estatutos da AGMT, a RPT de Traballo e a RPT de Facenda.

Desde a CIG-Autonómica, lembrámoslles a nosa solicitude de que se contemple estatutariamente un órgano de control que teña unha composición paritaria para determinar que contratos feitos por esta Axencia teñen a condición de estruturais e polo tanto habería que atender con recursos propios.

CONCURSOS DE PERSOAL LABORAL

No concurso do grupo V hai máis de 800 solicitudes, das cales están mecanizadas 576. Función Pública informa de que en breve se publicará a listaxe provisional de admitidos.

Nas alegacións do buzón de postos para os grupos I-IV, hai de prazo até o día 17.

En outubro pretenden convocar os concursos que faltan, así como a consolidación de persoal laboral.

DECRETO DE LISTAS DE SUBSTITUCIÓN

En relación a unha futura reforma do decreto de listas de substitucións esperan que lles acheguemos as nosas suxestións e despois enviarán un borrador ao que se poderán facer alegacións.

CONCURSO DE VETERINARIOS

Hai unhas 102 solicitudes e esperan que se manteña o número de concursantes en torno a esa cifra.

CONSOLIDACIÓN

Cando reciban as alegacións de todos os sindicatos haberá unha reunión para facer unha última proposta da Administración. Informan de que o decreto de Consolidación aprobarase en outubro en calquera caso, haxa ou non acordo coas organizacións sindicais.