O 6 de setembro de 2011, representantes da Consellería de Economía e Industria o IGAPE mantiveron unha reunión coas organizacións sindicais para tratar a futura Axencia sucesora do actual IGAPE.

Desde a CIG-Autonómica, preguntouse pola RPT, informando a Administración da súa publicación na web do IGAPE. A CIG manifestouse en contra do elevado número de postos de libre designación (un terzo sobre un total de 133 postos de traballo). Solicitamos que os nomeamentos se realicen cun procedemento obxectivo ou directamente por F.P.

Opoñémonos ao complemento de produtividade, por entendermos que se non se aplica con criterios obxectivos; solicitamos de substitúa tal complemento, desenvolvéndose a carreira administrativa.

Respecto á incorporación de persoal laboral e funcionario da Admón. xeral da Xunta, demandamos que exista reciprocidade e que a normativa reguladora sexa a LFPG e o Convenio da Xunta. En calquera caso, demandamos que para aplicar a mobilidade do persoal propio debe haber reciprocidade e pasar por unha mesa de negociación previa á xeral xa que entendemos que incluso habería que modificar o convenio laboral da Xunta.

Respecto da externalización de traballos que fai o IGAPE, a CIG entende que os podería realizar o persoal da propia axencia.

A Administración, pola súa parte, considera que está xustificada, comparándoa cunha auditoría externa. Ante isto, pregúntaselle se é porque ten pouca confianza no persoal, por competencia ou desconfianza e responde que o que están facendo é formando ao persoal na nova filosofía do IGAPE, que pasará a ser un Ente prestador de Servizos e que antes era un ente de fomento, ou sexa antes só daba subvencións e agora vai dar servizos ás empresas.

Con respecto ao persoal directivo e en LD, A Admón recoñece que hai 45 (18 directivos incluidos)  por un total de 133 traballadores en total, ou sexa, máis dun terzo é persoal a dedo. 

Remata a Admón indicando o seguinte:

Pídenos as alegacións, canto antes, ás OOSS que aínda non as presentamos para poder estudalas e logo voltar á mesa. Que, máis ou menos, tomarán como exemplo a Axencia de Infraestruturas, aínda que non estea listo o decreto marco.