No DOG de 15/09/2011 publícase a RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2011, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproba a relación definitiva de admitidos e excluídos do concurso 01/2011 para a provisión de postos de traballo vacantes do grupo V de persoal laboral da Xunta de Galicia.

A lista de solicitantes admitidos está á disposición dos interesados no Servizo do Rexistro Xeral e Información da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de rexistro e información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia, nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia e tamén se pode consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) na epígrafe Función Pública.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor reclamación administrativa previa á vía xudicial laboral ante o titular da Dirección Xeral da Función Pública, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da dita resolución no Diario Oficial de Galicia, en aplicación dos artigos 120 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Descargar a Resolución de admitidos e excluídos publicada no DOG