Novas por contido

Calendairo das probas físicas e de agudeza visual na provincia de Ourense para o persoal das listas de contratación ao abeiro do decreto de listas 37/2006 (SPDCIF e persoal do Pladiga).

 

  • Día 30 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras A - B - C.
  • Día 31 Marzo: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras D - E - F - G.
  • Día 1 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras H - I - J - L - M - N - O.
  • Día 2 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras P - Q - R.
  • Día 3 Abril: Aspirantes cuxo primeiro apelido comence polas letras S - T - V - Y - Z. 
  • Lugar: Pavillón de Oira.
  • Hora: 08:30.

 

Os aspirantes deberán acudir á realización da proba, provistos do DNI, dun certificado médico oficial en vigor que acredite a idoneidade para a realización de traballos de prevención e defensa contra incendios forestais, e do xustificante de terse inscrito nas listas (só para aqueles que non aparezcan nas listas e que obrigatoriamente teñan que realizar dita proba)

Outras novas recentes

Xoves, 25 Abril 2024

Procesos selectivos, concursos de traslados, estabilización, funcionarización, OEP 2024 (25/04/2024)

Na Mesa Xeral de Empregados Públicos e na Comisión de Persoal do 25 de abril foi aprobada co voto en contra da CIG, a abstención da CSIF e o voto a favor de CCOO e UGT a modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de 207 postos de persoal laboral da Xunta de Galiza no grupo B e nos subgrupos C1 e C2. 169 deses postos serán incorporados ao...
Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...