Novas por contido

A modificación da RPT do Instituto Galego de Consumo (IGC) é un claro exemplo de como hai que estar alerta a calquera movemento da Administración por moi pequeno que poida parecer: amortización ou cambio de prazas de concurso para crealas en LD (e por riba abertas a outras administracións), movementos de prazas á carta, complementos salariais á persoa e non ao posto, etc.

O IGC motivou extensamente na xuntanza a modificación da RPT no recente Decreto de estrutura aprobado polo Consello da Xunta, na reorganización interna do traballo e nas esixencias de Función Pública. Rascando un pouco, atopamos o seguinte:

Incorporación do/a Xerente á estrutura da RPT como Subdirector/a

Unha mera cuestión organizativa xa que o posto estaba orzamentado pero non incroporado á RPT (de aí que no balance económico apareza un evidente desfase). Non estamos de cordo coa apertura desta praza a persoal doutras administracións (pode ser que o cambien)

Escola Galega de Consumo

Actualmente a maioría de funcións as fan asistencias técnicas contando con só 2 prazas de persoal funcionario para a súa “coordinación” das cales só unha está cuberta.

ACTUAL   
PROPOSTA
Xefatura de sección (25;Concurso)Director/a Técnico (28;LD)
Posto Base C1 [Vacante]
Xefatura de Negociado


Opoñémonos á amortización da xefatura de sección por ser non vacante e empregarse para a creación dun posto nivel 28 en libre designación algo que xa se leva tempo intentando. A xogada mestra, recoñecida polas propias persoas representantes do instituto, reside en darlle a praza de LD á persoa que ocupa actualmente a sección. Denunciamos  que o traballo feito por esta escola é maioritariamente por asistencias técnicas, para as cales e para crear prazas de libre designación si que hai cartos e que coa asignación dunha LD en lugar dunha praza de concurso máis cunha mellora da calidade do servizo conséguese unha mellora persoal. En todo caso, non estamos de acordo coa apertura desta praza a persoal doutras administracións (pode ser que o cambien)

Inspectores de Consumo:

  • Amortizar unha vacante en Ourense para crear unha praza similar en Compostela por mor da carga de traballo. Criticamos o centralismo e que resulta ridícula a xustificación no aumento de expedientes de 3.000 a 12.000 e agardar que cun só inspector se solucione todo. Do mesmo xeito se denuncia que é “vox pópuli” esa praza de Compostela xa está agardando por unha comisión desde vai tempo.


  • Amortizar unha non vacante (en destino provisional) en Lugo para crear unha paraza similar en Ferrol por mor da carga de traballo (de feito recoñecen que esta persoa xa está prestando os seus servizos en Ferrol). Denunciamos que con esta modificación se pretende un traslado encuberto e recordamos que as modificacións das RPTs non están para satisfacer personalismos. Desde o IGC se di que a proposta xa estaba feita antes de que isa persoa con residencia en Ferrol tomase posesión en Lugo  Porén, nada din que esa persoa podía ser coñecedora desta proposta e das condicións de coller a praza de Lugo. Opoñémonos totalmente á súa amortización por non ser vacante.


  • Amortizar unha vacante de subinspector en Lugo. Denunciamos que quede Lugo afectado nos servizos de Consumo na reforma desta RPT para favorecer intereses particulares.


Xefatura de sección de habilitación

Propoñen pasala de concurso a libre fesignación en base a que manexa “datos sensibles” e ten "funcións de recadación”. Denunciamos o acordo que fala das excepcións das LDs, as xustificacións peregrinas para controlar os postos de traballo técnico de xeito político. Todos os funcionarios públicos teñen deber de sixilo; defendemos a súa profesionalidade e o dereito da súa carreira profesional.


Complemento de dispoñibilidade horaria

Pretender poñelo na RPT para unha persoa que ten actualmente as chaves do local da sede do instituto e é a encargada de vir cando salta a alarma para ver que “non se levaron expedientes sancionadores de millóns de €”.

Estamos radicalmente en contra de complementos nominativos como neste caso e parece un insulto á nosa intelixencia a cantidade de explicacións nas que se estendían para xustificalo ("expedientes sensibles", “ninguén quere esa responsabilidade”...) Defendemos a igualdade de acceso de todos os postos semellantes a ese complemento, poñendo en dúbida que isa responsabilidade teña que recaer nun posto auxiliar administrativo persoal laboral grupo IV.

Outras novas recentes

Mércores, 20 Marzo 2024

Procedemento de acreditación dos méritos do concurso-oposición de estabilización dos subgrupos A1, A2, C1 e C2 e grupos I, III e IV

No DOG do 20/03/2024 publican: - RESOLUCIÓN do 13 de marzo de 2024, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fai público o procedemento para a acreditación dos méritos de determinados procesos selectivos extraordinarios de estabilización derivados da Lei 20/2021, do 28 de decembro, para o ingreso, pola quenda de acceso libre e mediante o sistema de...
Mércores, 20 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Minas-Bibliotecas-Arqueologos-Museos-Obras Publicas-Arquivos (19/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega os listados de prazas que ofertará para a elección de destino dos seguintes procesos selectivos: A1 Minas A1 Bibliotecas A2 Bibliotecas A1 Arqueólogos A1 Museos A2 Museos A2 Obras Públicas A2 Arquivos Neste lote botamos en falta A1 de Arquivos.
Venres, 22 Marzo 2024

Prazas para elección de destino Agrupación profesional-Subalterno (22/03/24)

A Dirección Xeral de Función Pública achega un listado de prazas que ofertará para a elección de destino do proceso selectivo da agrupación profesional - subalterno. A localidade dos postos pode verse no código que vai nas posicións 11 a 15 do código (XX.XXX.XX.XXX.XXXXX.XXX) No mesmo arquivo que poñemos a túa disposición para descargar, vai tamén a RPT íntegra con todos os...