Novas por contido

O próximo venres, os responsables da consellería de Economía e Industria convocaron unha reunión  coas organización sindicais (OOSS) para retomar o “Proxecto de Decreto de creación e de estatutos da axencia galega de innovación”.

En anteriores reunións mantidas antes do cese no mes de agosto do secretario Xeral da Consellería de Economía e Industria, os representantes da administración  propuxeron conxuntamente unha modificación da RPT da consellaría que consistía en trasladar, dun xeito completamente discrecional, á maioría do persoal da Dirección Xeral de Investigación, Desenvolvemento e Innovación (DXIDI) a outras dirección xerais da consellería.

De feito, parte deste persoal  xa foi trasladado previamente á Educación sen existir comunicación previa coas OOSS, todo isto motivado pola repentina necesidade de contar con persoal con coñecementos en inglés.

O antedito, unido a decisión firme dos directivos de que a axencia tivese persoal propio, algo que permite a Ley 16/2010, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia (LOFAXGA),  mostraba as claras as súas intencións:  baleirar a citada dirección xeral de persoal para despois contratar a persoal propio cun perfil ”mais adecuado”. Todo isto coa consecuente indignación e impotencia dos traballadores que  levan anos cumprindo coas súas obrigas sen ningún problema.

Evidentemente dende a CIG, en defensa da legalidade e da dignidade do empregado publico, opuxémonos firmemente a semellante despropósito, presentando unhas alegacións que mostraban as claras que a administración estaba abusando das súas potestades autorganizativas, descoñecendo limitacións de tipo legal e xudicial.

Pois ben, dous meses despois, a administración, presenta  un novo proxecto de decreto, onde por unha parte “parece” suspender a citada modificación da RPT, e por outra decide prescindir de persoal propio na axencia. O resto do decreto presenta modificacións meramente formais..

Dende a CIG volveremos a opoñernos a calquera medida que supoña na practica a privatización “de facto” dos servizos públicos e o desmantelamento da Administración Autonómica  como é  a continua creación de entes e axencias no marco lexislativo da LOGAXGA, mandato legal  que neste caso, nin tan sequera se estaba a respeitar por unha parte da Administración.

Descargar novo proxecto de Axencia

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Luns, 15 Abril 2024

O Consorcio ordena facer a programación do período de adaptación... na casa?

A CIG-Autonómica denuncia ante a autoridade laboral a decisión da Xunta e máis do Consorcio de cargar ás traballadoras coas horas de programación sen reducir o horario de atención directa.  O Consorcio impuxo, dentro da xornada de 35 horas semanais, que toda a xornada de traballo fose de atención directa ás crianzas. Esta medida supón un novo atentado contra os servizos...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.