Novas por contido

CCOO, co apoio de "La Voz", denuncia que o proceso selectivo do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar é unha trapallada, acusando a CIG e UGT de ser complices dun chanchullo. De todas as notas de prensa enviadas pola CIG, "La Voz" so se dignou publicar unha rectificación unha vez que a CIG comunicou ao periodico a sua intención de acudir á xustiza por difamación. Porén, en plena campaña eleitoral, La Voz e CCOO estableceron unha magnífica simbiosis.

Nos arquivo que che ofrecemos van comprimidos catro documentos de CCOO no que se pode visualizar a sua proposta de consolidar ao persoal exclusivamente mediante un "concurso de méritos", en contra do parecer da CIG e UGT que defendimos o concurso-oposición, así como o que posteriormente denuncian.

  • 10/11/2008. Nota informativa de CCOO pola Mesa de Negociación do proceso selectivo, defendendo o concurso de méritos como forma exclusiva.

  • 01/12/2008. Alegacións presentadas por CCOO á Mesa de Negociación, defendendo novamente o concurso de méritos.

  • 01/12/2008. Nota informativa de CCOO á Mesa de Negociación. Difunden entre o persoal do consorcio a sua defensa do concurso de méritos.

  • 18/03/2009. Nota informativa de CCOO, denunciando fraude e engano por carecer de transparencia, obxectividade e participación sindical das bases do proceso selectivo que finalmente foi un concurso-oposición, co apoio de CIG e UGT (contrarios ao concurso de méritos).

 

Na zona de descargas tes acceso aos folletos que CCOO repartíu entre o persoal durante a campaña de eleicións sindicais do Consorcio. Nestes panfletos como podes observar, CCOO oponse a que os procesos selectivos do Consorcio sexan mediante concurso-oposición e seguen a solicitar que sexan mediante "concurso de méritos".

Para acadar votos nas eleccións sindicais vendéronlle ao persoal un proceso de consolidación por "concurso" e posteriormente na prensa critican á CIG decindo que o proceso de concurso-oposición non respecta os principios de igualdade, mérito e capacidade. Será que o concurso puro sí as cumpre?

No resumo da Mesa de negociación que envia CCOO reflíctense as posicións dos diferentes sindicatos na mesma. CIG e UXT apostan por concurso-oposición e CCOO por concurso.

Ista é a demagoxia de CCOO e as mentiras ás que nos teñen acostumados/as...Menos mal que de todas as reunións sempre hai resumos e actas que poñen a cada quén no seu sitio.

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Xoves, 11 Abril 2024

O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar incumpre a normativa de conciliación da vida familiar e laboral

O Consorcio introduce unha cláusula nas resolucións de reducións de xornada que impide que o persoal poida desfrutar do dereito á conciliación mentres non se cubra con persoal substituto a franxa horaria na que reduce a xornada. A CIG levamos anos denunciando a situación que se produce na concesións de reducións de xornada por conciliacións, incumprindo o artigo 37.7 do...
Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...