Rogelio CCOO, CSIF e UGT Rogelio Mangueira

Preme nos cartaces se queres descargalos!

A neglixencia, desfachatez, desinterese, cinismo e moitos outros cualificativos que lle podemos poñer á actuación berlanguiana que protagonizou Rogelio Martínez esta semana ao acudir a un partido de fútbol en Madrid mentres toda unha provincia ardía polos catro costados é ben coñecida por todos e todas as cidadás de Ourense.

Mentres el andaba de parranda compañeiros e compañeiras do servizo de loita contra o lume renunciaba a descansos e prolongaban a súa xornada laboral para impedir que a desfeita fora a maiores xogándose a súa saúde e, en ocasións a súa vida.

Dende a CIG-Autonómica consideramos que todo isto é a gota que colma un vaso que xa estaba chea de desplantes aos traballadores e traballadoras da Xunta de Galiza e de descalabros nos servizos públicos que, en teoría, xestiona.

Por todo isto a CIG plantexou na Xunta de Persoal de Ourense o cese de Rogelio Martínez pero CSIF, CCOO e UGT votan en contra. Entre os traballadores/as e Rogelio Martínez CSIF, CCOO e UGT  elixen a Rogelio. Están moito máis interesados en defender os intereses do Partido Popular que os dos traballadores e traballadoras da Xunta en Ourense.

Por qué lle están a salvar o cu a Rogelio Martínez?

Por qué antepoñen os intereses do Rogelio de seguir amarrado á silla antes que a defensa dos traballadores e traballadoras que estiveron a loitar no lume mentres esta personaxe puña por diante a súa diversión e ansias de codearse coa farándula en Madrid?

Dende a CIG denunciamos que a Xunta de Persoal en Ourense convertiuse na garda pretoriana de políticos cínicos e irresponsábeis, grazas a ‘sindicatos’ como CSIF, CCOO e UGT.

Que é o que sacan a cambio de actuacións como estas?  Non é unha cuestión se:

  • Nada? Entón son incompetentes, irresponsábeis e covardes e non merecen estar a representar ao persoal: Que deixen paso a quen teña o que hai que ter para defender aos traballadores/as sen arrugarse e sen medo.
  • Algo? Que CSIF, CCOO e UGT nos expliquen o que e para quen.