A Consellería de Traballo e Benestar en base a "criterios de austeridade, eficacia e eficiencia" e para "optimizar recursos humanos", é dicir, por criterios antisociais que exclúen a calidade, pretende crear 16 novos postos de traballo a cambio de destruír 28.

Estamos seguros que os 16 novos postos de traballo son necesarios -aínda que 2 sexan só de media xornada e outro de peón itinerante- pero estamos aínda máis seguros que os 28 postos de traballo que queren destruír tamén son necesarios, social e laboralmente; uns postos de traballo destruídos, paradoxicamente, pola Consellería de Traballo e Benestar.

Detrás deste proposta de modificación da RPT se agocha outra ridiculización por parte da Administracións destas xuntanzas previas ás Mesas Xerais.  Como xa é costume, e a pesar das continuas advertencias sindicais, volven a convocarnos con menos de 48h de antelación. Isto fai que  non teñamos tempo suficiente para facer unha análise en profundidade e contactemos cos traballadores afectados. Se o obxectivo desta Administración é reducir estas xuntanzas a un mero formalismo no que oen pero non escoitan, a CIG-Autonómica acabará por retirarse destas pantomimas.

Descarga a proposta de modificación da RPT de Traballo e Benestar