A secretaria xeral Técnica da consellaría asegura que esta modificación é unha "homoxenización dos centros infantis". Pretenden que todolos centros infantis teñan o mesma cadro de persoal e que non haxa, a nivel de postos de traballo, diferenzas de categorías. Nada di do aspecto de destrución de postos de traballo.

Todos os postos de ATS, auxiliares de clínica, algún peón, telefonista, ordenanzas, limpador/a que non existen nas RPTs do Consorcio (Galescolas) son reubicadas noutros centros que dependen da consellería. Cando as escolas infantís pasen á futura Axencia de Servizos Sociais (non precisan data) terán mais doado encaixe e non habería ningunha diferenza significativa entre "Galescolas" e escolas infantís.

Trátase dunha modificación pequena da RPT, onde crean 16 postos de traballo e amortízan 28. Desde a CIG-Autonómica valoramos a destrucción de 12 postos como moi negativa xa que  nas escolas infantís son pouco mais de 300 traballadores repartidos en 25 centros. Alén disto, se se suman todas as amortizacións, cando isto remate, poderemos contemplar o alcance real da destrucción de emprego público na Consellería de "Traballo".

Desde a CIG-Autonómica preguntamos polo superavit que xeraban estas amortizacions, e en todo caso, demandamos que se revertira nos propios centros infantís, persoal de apoio que en algúns centros non había. Tamén denunciamos que hai varios traballadores e traballadoras que están afectados polas amortizacions e que non figuran no apartado 4 da memoria funcional. Solicitámos que na proxima reunión, que será o día 3, as incluán.

Cadro resumo de creacións e amortizacións