A parte máis polémica que tiña esta RPT era a proposta dunha xefatura de sección e de negociado de libre designación. A CIG-Autonómica oponse frontalmente. Despois da intervención sindical, o presidente do consello comenta que mudará a súa idea. Agardamos a vindeira documentación.

Esta RPT crease porque obriga o Consello de Contas e pretenden engadir seis prazas novas sobre as que xa había. Todas elas dotadas orzamentariamente; hai un lixeiro aumento para retribuír a dispoñibilidade horaria da sección e o negociado de habilitación que pretenden crear.

As prazas de xefatura de sección Habilitación e Persoal e a de xefatura de negociado de Habilitación insistimos que a súa forma de provisión sexa por concurso. De novo un intento de colar unha LD en niveis inferiores aos 28 con escusas peregrinas. Denunciamos o reiterado uso que se fai das LDs en postos inferiores a nivel 28  con base a un acordo que xa non ten validez algunha. Por outra banda, pedimos que dado que se concrete con Función Pública as dispoñibilidades horarias para estas prazas.

Para a praza de Secretario/a Presidente na formación especifica ten que ser 640 e 641. Só tiña 641 (iniciación ao galego) e, se insisten en mantela aberta para outras administracións, no caso do subgrupo C1 o coñecemento esixido para esta praza debe ser o de perfeccionamento.

A praza de xefe de sección de Habilitación e Persoal esta aberta aos grupos A2-C1-C2, entendemos que isto é un erro xa que só pode estar aberta os grupos A1-A2-C1.