A consellaría vén de aceptar as seguintes alegacións da CIG:

  • EI de Coia-Vigo. Da proposta inicial de amortizar catro postos de camareira-limpadora (2 postos ocupados por laborais fixos, 1 vacante puro e 1 ocupados por temporal), resulta unha amortización de dous postos; conseguimos salvar 2 ocupados por persoal fixo.

  • Elimininan o plus por condución de vehículos (B12) itinerante ao posto  de peón de mantemento, a crear na residencia do maior de Ferrol, para ser ocupado polo amortizado na EI Virxe do Chamorro (TRC9940215350020).

  • Retírase a amortización do posto 022 de Lugo EI Paradai

  • Residencia xuvenil de Lugo, o posto de camarera limpadora en adscrición provisional por causa de saúde  non se amortiza á espera da resolución do concurso de traslado.

  • Acéptase que os postos a crear, TEXI a ½ xornada nas EEII de Sta Mª de Oza e de Nosa Sra do Sagrado Corazón , o sexan a xornada completa

Pola contra, a Consellaría non aceptou as nosas seguintes pretensións:

  • O posto de ATS de Relfas vai para o edificio administrativo e non para as residencias. A Administración argumenta que non vai substituílo e así pode paliar un pouco o seu déficit no capítulo I.

  • Adiamento da publicación desta modificación de RPT. A súa pretensión, contando coa Función Pública, é a publicación na 1ª quincena de xaneiro de 2012.

  • O posto de titulado/a de grado medio, II-007,TRC991000027001260 que estaba na RPT da consolidación da 2ª parte, desaparece da mesta toda vez que houbo sentenza en casación do tribunal supremo que declara a relación laboral coma non de carácter indefinida. Traballo comunica que será incluída nesta RPT de consolidación un posto de titulado superior de informática da Dirección Xeral de Promoción do Emprego e unha auxiliar.

  • Non se acepta que as funcionarias subalternas que ocupan postos de TEXI na EI de Marín  e de Celeiro  continúen nos mesmos, e se procede á creación dos postos da agrupación profesional na residencia de maiores de Marín e na casa do mar de Celeiro. Argumentan que estas funcionarias deixaron de facer as funcións de TEXI alegando a súa situación funcionarial, aínda que nestes días manifestaran o seu desexo de continuares exercendo como TEXI.