Novas por contido

As organizacións sindicais  CIG, CSIF, CCOO e UGT,  en representación do persoal das escalas de Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais da Xunta de Galicia e logo de realizar unha multitudinaria asemblea de traballadores acordaron exixir:

A NEGOCIACIÓN SERIA E EFECTIVA dun novo acordo de condicións de traballo, para Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais, coa fin de solucionar os serios problemas laborais e funcionais. O remate da integración no grupo C, tanto o proceso que está en marcha como a convocatoria dos seguintes.

  • Un Regulamento para Axentes Forestais e Axentes Facultativos Medioambientais
  • A cobertura de vacantes, e baixas de longa duración.
  • Regulación para a designación dos axentes de conservación a incendios, vestiario, competencias…
  • Credenciais para todos e todas
  • Recoñecemento social e profesional
  • Inclusión dos Axentes Forestais/Medioambientais na Lei de montes e demáis lexislacións sectoriais do ámbito medioambiental


Alén diso, denunciaron o “desprezo continuo por parte dos responsábeis da Consellaría de Medio Rural os que, aínda despois da vaga de lumes de outubro, no pleno parlamentario do 26 de outubro o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, atreveuse a dicir que os axentes forestais “non son policía” coa intención de xustificar o desmantelamento das BIIF (Brigadas de Investigación de Incendios Forestais)”.

Do mesmo xeito, denunciaron que Medio Rural tachara de “esnobismo” o criterio técnico do 30-30-30 nun exercicio de absoluta ignorancia e reducira a superficie queimada en outubro a  4.000 has.

Por todo isto, exixiron a dimisión inmediata de Samuel Juárez así como a destitución fulminante dos responsábeis do que denominaron como “desastre ecolóxico”, o Director Xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto Juanas e o Subdirector de Incendios Forestais, José Carlos Costas López.

Tamén subliñaron o “obstinamento” do Director Xeral de Montes en que non se convoque a Comisión de Seguimento do Acordo de Axentes Forestais, “promovendo xornadas longuísimas aos compañeiros que estiveron dirixindo os incendios deste mes de outubro e, finalmente a imposición ilegal do período extraordinario a partires do 17 de outubro”.

As organizacións sindicais lembran ademais que solicitaron en numerosas ocasións a convocatoria da Comisión de Seguimento para a elaboración dun novo Acordo, cualificando o actual de “obsoleto e ineficaz, alén de estar caducado” e, acordaron demandar, entre outras, “impulsar o Regulamento dos Axentes Facultativos Medioambientais, e os procesos selectivos pendentes para a integración definitiva no grupo C1, así como o remate do que na actualidade está en marcha”.

Na xuntanza tamén salientaron o incumprimento da cobertura das vacantes, baixas e permisos o que fai, segundo afirmaron, que en algúns distritos estean sen cubrir o 30% dos postos, provocando un exceso de carga de traballo nos compañeiros e compañeiras.

“Mentira e manipulación de Medio Rural”

Xunto a isto, a CIG-Administración, sector da Autonómica, vén de denunciar a “mentira e manipulación” da consellaría de Medio Rural, pola publicación na súa web dun comunicado, coincidindo con esta multitudinaria asamblea, por afirmar que hai un diálogo aberto que é inexistente. “Por iso as organizacións sindicais solicitamos de xeito conxunto, unha vez máis, a convocatoria urxente da Comisión de Seguimento”, lembran.

A CIG denuncia que o pasado mércores, o Conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, asistiu en Ourense a unha presentación na Universidade, e logo, de paso, foi tomar uns pinchos acompañado por xefes/as de distrito e algún axente territorial de conservación da Natureza, pero que “non houbo ningunha xuntanza cos traballadores axentes forestais que participaron na vaga de lumes de outubro (razón pola que supostamente se fixo o convite) nin dos seus representantes legais en Ourense, ao contrario do que se afirma na páxina web”.

Sobre a valoración, que se fixo neses pinchos, das causas da elevada actividade incendiaria, aseguran que “non había ningun axente do SPDCIF nen das Brigadas de Investigación de Incendios Forestais (BIIF) para facer dita análise”.

Engaden que no apartado onde Medio Rural resposta supostas demandas laborais dos axentes, “temos que decir que non son ás prioritarias e reflectidas nos escritos presentados polas organizacións sindicais representativas. Ademais continúase con trolas no comunicado como que “todolos axentes teñen número de identificación” cando hai máis de 100 axentes que a día de hoxe teñen que por os seus datos persoais para facer unha denuncia”.

Respecto da outra cuestión que plantea Medio Rural, as compensacións polos servizos extraordinarios, do 18 ao 24 de outubro explican que “nós non pedimos esmola nengunha, trabállase arreo e na dirección de extinción de incendios o exceso horario non foi só neses días”, engadindo que a prioridade dos traballadores “é a dignificación laboral dos axentes forestais e axentes facultativos ambientais, incluído o desfase salarial que fai que os axentes da Galiza sexan os peor valorados do estado español e os que teñen maior responsabilidade e funcións”.

Outras novas recentes

Luns, 15 Abril 2024

A AGASP e a Dirección Xeral da Defensa do Monte aplican criterios discriminatorios na selección para a formación

A Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP), organismo autónomo de carácter administrativo adscrito organicamente á consellaría competente en materia de interior e xustiza, imparte formación ao persoal axente forestal (art. 4 da Lei 1/2007). A Dirección Xeral de Defensa do Monte, da Consellaría do Medio Rural, participa na organización da formación e nos procesos de...
Venres, 19 Abril 2024

RPT de funcionarización de varios postos dos grupos III e IV

De cara a unha vindeira mesa de negociación, a Dirección Xeral da Función Pública vén de remitirnos unha proposta de modificación da relación de postos de traballo, consistente na funcionarización de postos de persoal laboral da Xunta de Galicia, no corpo de técnicos de carácter facultativo da administración especial (grupo B), no corpo administrativo da administración...
Mércores, 24 Abril 2024

Concurso de traslados de corpos xerais e de escalas sociais (24/04/24)

O mércores 24 de abril asistimos a unha xuntanza con Función Pública (estaban presentes o anterior, José María Barreiro, e a nova, Nuria Aguilar).  Deron traslado da seguinte información en relación aos concursos de traslados: Concurso de traslados de corpos xerais O concurso de corpos xerais vai ser publicado o día 15 de maio (puntualizan que “máis ou menos”). Serán...