Novas por contido

Coa alma negra, Mar Rodríguez e Méndez Romeu, victimarios da Administración Pública galega, anceian que os empregados públicos paguemos cos nosos salarios os favores por eles debidos. O 10%, uns cartos que son nosos e nos que o seu reparto debería ter unha dimensión social tendente a protexer os salarios dos colectivos máis desfavorecidos, é destinado a pagar favores entre os seus elixidos. A acción altruísta que Función Pública vai realizar cos nosos cartos vai dirixida, entre outros, a:

  • Xefes de Servizo (Libre Designación)
  • Habilitados de Persoal (Libre Designación)
  • Secretarios de altos cargos (Libre Designación)

Nós temos que pagarlles a eles: o 10% convértese en diezmo. Un 10% que nos detraen para darllo a quen eles nomearon!!!

A CIG propuxo que estes cartos, o 10% restante do 1,75% da masa salarial, se asigne a igualar os trienios de todos os funcionarios e laborais aos do Grupo A a través dun novo complemento, e ao complemento de funcións de 179 laborais que non o teñen. Ao noso entender, a antigüidade, é un concepto retribuíble independente do Grupo ou do posto.

Pero a deriva de Función Pública cara ao bandoleirismo e a piratería é cada vez máis evidente: nas últimas semanas a farisaica Rodríguez propuxo crear unha indemnización para os ex-altos cargos mentres o seu amo Romeu anunciaba unha reducción de efectivos para asumir as mesmas tarefas entre menos traballadores sen incrementos salariais. E para rematar a faena preparan un asalto aos nosos salarios negándonos o 10%.

Estes próceres de feira de conducta inmoral non se avergoñan de meter a man no teu peto para pagar regalías prometidas; non dubidan un ápice en empregar os teus cartos para mercar fidelidades; non se ruborizan ante a súa baixeza.

A ti, traballador/a da Xunta, a quen a túa dignidade impide deixar pasar este feito sen levantar a voz, únete a nós para, xunto coa CIG, facerlles fronte e ser martelo e terror de falsarios.

O 10% PARA OS TRIENIOS!!!

Outras novas recentes

Mércores, 17 Abril 2024

Criterios de repartición do Fondo de Acción Social do ano 2023

A Dirección Xeral de Función Pública achegounos o borrador de criterios de repartición do Fondo de Acción Social (FAS) para o exercicio económico 2023, con vista a unha vindeira xuntanza de negociación. Na proposta que achegan non se recuperan as modalidades do FAS que tiñamos antes dos recortes da Lei 1/2012, de medidas temporais en determinadas materias do emprego público...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...
Venres, 19 Abril 2024

A Xanela (boletín de CIG-Autonómica, abril/2024)

Neste boletín de CIG-Autonómica falamos de: - Concursos de traslados e as 1.100 prazas bloqueadas- Concurso específico- Campaña pola xornada de 35 horas semanais e as semanas de 4 días- Lentitude dos procesos selectivos- Condicións de traballo do persoal non docente de centros de ensino- Como recibir información da CIG-Autonómica.