Novas por contido

O 4 de novembro tivemos a Mesa Xeral na que a Administración crea a Axencia Galega de Innovación. Na mesma Mesa, Función Pública deunos traslado dunha serie de informacións que poden ser do teu interese: elaboración de nóminas, tribunais de informática, contratos no IGC, concurso laborais e axentes medioambientais.

Axencia Galega de Innovación

En relación á Axencia Galega de Innovación, conseguimos que retirasen dos estatutos do ente toda referencia a réxime disciplinar, código de conduta, productividade e listas de contratación propias, quedando estes asuntos ao que dispoña Función Pública con caracter xeral.

Conseguimos tamén que o persoal transferido á axencia (Dirección Xeral de I+D+I), siga a ser persoal de Función Pública, con quen non perde o vínculo, cos mesmos dereitos e obrigas que até de agora. Co que non estamos conformes é que o ente se reserve o dereito a contratar persoal laboral temporal propio.

Eliminan a referencia á encomenda de xestión suscrita coa Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia.

A potestade sancionadora só se aplicará ás competencias administrativas relativas a tramitación dos expedientes de I+D, e non a temas de xestión de persoal da Axencia.

En ningún caso a administraciou fundamentou os motivos que xustifican que as labores que desenvolve na actualidade a dirección xeral que se vai a eliminar para crear a axencia polo que entendemos que non está xustificada a necesidade de crear a axencia. En todo caso, esta é unha decisión política consecuencia da aprobación da LOFAXGA.

Os demais sindicatos so tiveron unha frase: dar os parabéns á consellaría polo seu talante negociador. Os representantes de CCOO esta encanados do xeito que se levou todo o proceso. CSIF e UGT, valoran moi positivamente a labor levada a cabo polo novo secretaria.

Descargar versión definitiva do Decreto

Outras informacións

  • Nóminas: Función Pública ven de elaborar unha nova orde de nóminas coa que van eliminar o papel para todos, agás aquelas excepcións xustificadas en que non haxa acceso a internet.


  • Tribunais de informática: en relación á presenza de persoas que puidesen ter incompatibilidades nos tribunais de informática, asegura o director xeral que non entenden que concorran causas de recusación como denunciamos, pero que en calquera caso van renunciar tres membros dos tribunais para evitar "malos entendidos".


  • Contratos no IGC: en canto a uns contratos feitos directamente polo Instituto Galego de Consumo a uns licenciados en dereito en calidade de asesores sen tirar de ningunha lista, e que foron denunciados polo comité de empresa de Servizos Centrais, aseguran que este tipo de practicas esta amparado por normativa propia de consumo. 


  • Concurso laborais: comprometeuse a enviar para a súa negociación, as bases do concurso de laborais dos grupos I a IV a semana do 7 de novembro.


  • Axentes medioambientais: comprometeuse tamén a publicar a semana do 7 de novembro a integración desta escala, así como a eleición de destinos pendente.

Outras novas recentes

Venres, 12 Abril 2024

Emendas da CIG ás leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais

Dende a CIG, e con ánimo de mellorar os textos dos proxectos de leis básicas de bombeiros/as forestais e axentes forestais e medioambientais, enviamos aos grupos parlamentares do Congreso as nosas achegas a estes documentos dentro da fase de emendas. Para nós estes textos son claramente mellorables porque poden chegar a limitar o ámbito de actuación e funcións de...
Venres, 12 Abril 2024

Recurso de reposición ao concurso ordinario de traslados de ciencias+enxeñarías+arquitectura

A CIG presentou un recurso de reposición á Resolución que convocou o concurso ordinario para a provisión de postos de traballo vacantes de escalas de enxeñarías, arquitectura, arquitectura técnica e ciencias (administración especial). No recurso solicitamos unha relación das prazas que desapareceron do concurso, con información polo miudo de cada unha delas. Tamén da...
Luns, 15 Abril 2024

Comisión de seguimento do Acordo do SPIF

Tras a xuntanza da Comisión de seguimento do acordo de condicións do persoal funcionario do SPIF do 10 de abril, a Consellería de Medio Rural enviounos un documento cunha proposta das quendas que quere implantar. Dende a CIG queremos manifestar que fomos facendo distintas achegas, pero tendo en conta que parece ser que a Consellería non quere negociar máis imos facer a nosa...