O 23 de marzo abriuse o prazo para a solicitude dos primeiros cursos que a CIG-Administración Pública organiza na comarca de Compostela. O departamento de Formación da CIG elabora, ao abeiro do actual Acordo de Formación Continua nas Administracións Públicas, diferentes accións formativas dirixidas a este colectivo de traballadores/as en activo. Todos os cursos son de carácter gratuíto e terán lugar nos locais de forGA Compostela (Milladoiro),  de luns a venres. As accións formativas comezarán no mes de abril e a súa programación estenderase ata decembro de 2009. Podedes atopar a listaxe de cursos no cartafol de "Formación" da  zona de descargas ou a través do seguinte enlace

Para solicitar calquera destes cursos debes presentar, dentro das datas de rexistro de solicitudes habilitadas para cada actividade: a folla de inscrición debidamente cuberta, unha copia do NIF e un certificado da última nómina. Podes empregar calquera dos seguintes medios:

  • Por correo electrónico: compostela@forga.org

  • Por fax: 981.94.16.28

  • En persoa: nos locais de forGA-Compostela na rúa das Palmeiras 21-A, Polígono Empresarial Novo Milladoiro, en Milladoiro-Ames.

A selección farase por rigoroso orden de rexistro de entrada. Establécese unha cota de reserva para cada uns dos sectores da Administración Pública que non contan con plan de formación específico. De non cubrirse a cota nun dos sectores acumularíase ás solicitudes de outro con maior demanda. Para ampliar información podes mandar un correo electrónico á dirección anterior ou chamar ao tlf: 981.94.16.29