No DOG do 11/11/2011 publícase no DOG a Lei 7/2011, de 7 de outubro, de turismo de Galicia. Na súa disposición adicional cuarta autorízase ao o Consello da Xunta para a creación da Axencia de Turismo de Galicia.

Está nova axencia estaría adscrita á consellaría competente en materia de turismo, que terá como obxectivo básico impulsar, coordinar e xestionar a política autonómica en materia de turismo e, en especial, a promoción e a ordenación do turismo dentro da Comunidade e a conservación e promoción dos camiños de Santiago.