Achéganos a Administración unha convocatoria para a modificación da RPT do Instituto Galego de Estatística. A falta dun estudo máis detallado e consular cos traballadores e traballadores trátase dunha modificación sinxela. Pretenden crear un novo posto de "enquisador/a" co orzamento de dúas prazas vacantes de posto base C2. Porén, non achegan balance económico.

Por outra banda, pretenden abrir unha praza da escala de técnico/a estatístico/a a outras administracións. E volta a comezar... seguimos abrindo prazas a outras administracions sen garantir que se cumpra o criterio da reciprocidade e o límite do 5%. Función Pública mentres négase a darnos datos globais destas prazas e exclúe ademais dese 5% ás LDs.

Descarga a documentación