O tribunal do proceso selectivo para o acceso ao subgrupo A2 da escala de xestión de sistemas de información publicou a Resolución de 8 de novembro de 2011 pola que se fai pública a data, hora e lugar do primeiro exercicio. Na dita resolución non se recollía a relación de persoas aspirantes con dereito a conservación de nota incorporada ás bases a consecuencia da reclamación presentada pola CIG.

Logo do pedimento da CIG, tendo en conta das dúbidas suscitadas polos aspirantes, vén de publicarse na páxina web de Función Pública a relación de aspirantes con dereito a conservación de nota.

Ligazón á web de FP (listaxe con conservación de nota)