Segundo informa Función Pública a partir do 16 de novembro as persoas que participan no concurso de traslados do grupo V e solicitaron unicamente  resultas (primeira ou segunda fase) poderán consultar a puntuación outorgada no apartado de cursos de formación na páxina web da Xunta de Galicia.

Ás persoas que soamente escolleron participar na fase de resultas, e posúan algún curso valorable segundo o establecido nas bases da convocatoria, engadíraselles tamén a partir dese día a puntuación correspondente aos cursos de formación.

Accede ás bases