A secretaría xeral infórmanos de que a praza de ATS que viña da EI de Reifas (que tiña en reserva Corina Porro) pretendíana localizar na Xefatura Territorial. Porén, despois de facelos entrar en razón, pasa a localizarse nun centro onde resulta máis útil: na Residencia de persoas maiores de Vigo con quenda de mañá. Ofrecerana en asdcrición, e se non se cubrira desta maneira, acudirían ás listas de temporais.

Despois de que a secretaria xeral fixera unha visita a Escola Infantil de Santa Susana, e ver as condicións, deciden non amortizar o posto de oficial de cociña.

A prevision é que esta RPT se publique no DOG o 15 de xaneiro. Antes de fin de ano, convocarannos para mirar a RPT de centros.